Rosalía de Castro*
Nasín cando as prantas nasen
no mes des froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabóu para min
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
De qué, pois, te queixas, Mauro?
De qué, pois te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con este teu pedir tolo
que non sei qué quer de min,
pois dinche canto dar puden,
avariciosa de ti,
o meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
In Cantares Gallegos
* Nasceu em Santiago de Compostela em 1837.
Saturday, May 12, 2007
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment